SEMANA DEL 15 AL 19 DE JUNIO

Llegamos a la última semana de curso, así que esta es nuestra última entrada al blog. Queremos dejaros un mensaje a las familias:





  • PROFE YOLI:
Queridos peques!!
Xa estamos na derradeira semana do curso...Envíovos un enorme aplauso porque sodes uns campións e campionas!!
Nuns días comeza o verán e pensei que poderíamos practicar un pouco de ioga coa axuda de algúns animaliños 
moi simpáticos que viven no mar...

E despois… que tal se lle metemos ritmo ao corpo? coa canción "Rock de la playa" para rematar con moita delicia.

Disfrutade moito do verán e das vosas familias.
Un bico  e unha aperta ata o infinito e máis alá.
A profe Yoli ❤

  • PROFE ANABEL:


Conto: "ORELLAS DE MARIPOSA": Mara é especial e nada nin ninguén conseguirá restar valor ás súas cualidades porque a súa nai dalle a clave para saír airosa de calquera crítica.
Con este conto ímos traballar a EMPATÍA como a capacidade de situarse na emoción que experimenta outra persoa, é decir, a capacidade de poñerse no seu lugar.
 A empatía require a capacidade de escoita ,as persoas ás veces só necesitan ser escoitadas y sentirse comprendidas, non que nos solucionen os problemas.

ACTIVIDADES:
 
1. O ESPELLO: imos situarnos diante dun espello e imos imaxinar que temos unas orellas como as de Mara ou como as de Dumbo, incluso podemos facer unhas orellas con forma de bolboreta e pegalas nas nosas. Agora imaxina que o resto dos compañeiros rinse de nós só por ter esta característica  física. Responde:
a) Como te sentirías ti se estiveses no lugar de Mara?
b) Porque motivo é Mara obxecto de burla?
c) Cambiarías algo do conto?

2.FACER UN COLLAGE: Tedes que montar unha cara pegando con recortes de revistas. Exemplo: poñer o pelo con herba, os ollos con froitas, un vestido de cadrados ou raias, uns zapatos viaxeiros con forma de avión, tren , barco....
3. APLICACIÓNS: para crear coas novas tecnoloxías escollede a que máis de adapte a vós:
- Microsoff Paint: para modificar aspectos básicos  da imaxe.
- Pics Art: colorea sobre fotos e fondos.
- Kids Doadle: para pintar.
- Dibujar para niños.
- Drawing Ped.
- Boceto: pensada para colorear desde o móvil.

  • MENSAJE PROFE MARICARMEN( RELIGIÓN)