PROXECTO: O BOSQUE

Como sabedes , este curso tiñamos un proxecto anual sobre os bosques galegos. Ata este momento traballamos os animais do bosque , concretamente os animais da serra de San Mamede, onde viven Naturizo e os seus amigos.
Estabamos elaborando un traballo en forma de lapbook onde estábamos recollendo toda a información.

Coa chegada da primavera queríamos plantar sementes na clase. Así que, se non o fixestes xa, propoñemos plantar algo tan sinxelo coma unhas lentellas e observar como medran.
Temos que saber que precisan as plantas para vivir. Para iso podedes ver este video:


Podedes investigar tamén, gracias á observación das lentellas, cal é o ciclo das plantas.

Se queredes podedes facer un rexistro de como medran as vosas plantas e ir debuxando a modo de secuencia como van medrando ou tomar fotos do crecemento.

Tamén podedes probar algún destes experimentos con plantas e compartir os resultados:


Agardamos ver medrar as vosas plantas e que vos gusten as actividades de hoxe.