"Cando esteas aburrido,
e non saibas que facer
colle un libro meu amigo
todo pode suceder"
Recordades esta canción de Migallas que cantamos no entroido? Arriba a cantar e bailar!!
Sabedes porque poñemos hoxe esta canción? porque hoxe, 23 de abril,celebramos o día mundial do libro. E se atendedes á letra da canción , podedes escoitar como a través da lectura dos contos podemos imaxinarnos voando sobre unha alfombra, saltar á comba cun can, viaxando polo espacio...un montón de aventuras!
Supoñemos que xa recibistes o video que as titoras preparamos para vos . Por aquí tamén os imos deixar algunhas propostas para celebrar este día.
A primeira idea é o XOGO DA IMAXINACIÓN. Podedes imprimir a imaxe , ou mirala directamente no mobil ou ordeador, tiramos o dado e facemos o que nos manda a casilla que nos toque.
A segunda proposta é inventar unha historia. Empregando a seguinte plantilla podedes ir creando unha historia. Se queredes podedes continuala e darlle un final, poñerlle título, debuxar algunha escena do conto inventado... e se o facedes non esquezades enviarnos os debuxos.
Que teñades bo día.